Soluciones integrales de gestión y consultoría médica. Formación presencial: congresos, cursos, talleres. Formación on line. TIC en healthcare.
Traballar con Trama Solutions foi unha gran experiencia para mín e unha gran axuda. Conta cun equipo moi profesional, liderado pola súa directora María Muñiz, e cun trato excepcional a nivel persoal. Colaboramos en diversas ocasións. Como presidenta da Sección de Insuficiencia Cardíaca e Trasplante Cardíaco da SEC delegámoslles a organización de tres congrewsos e como Responsable da Unidade de IC do Hospital Universitario A Coruña, catro reunións anuais. Todas estas actividades foron un éxito de xestión, organización e asistencia así co mo de enorme satisfacción por parte de relatores e asistentes. Tamén traballamos na formación online, xa que son unha referencia no desenvolvemento multimedia e souberon dar solucións a necesidades non cubertas. Definitivamente, gañaronse a miña confianza a pulso grazas ao seu traballo, dedicación e innovación continua durante todos estes anos. Estoulles moi agradecida.
Dende a Sociedade Española de Neurorradioloxía (SENR) traballamos con TRAMA dende fai máis dun ano e a experiencia é inmellorable.
Caracterízanse por un alto grao de profesionalidade sen perder o contacto humano do seu equipo. Cando falas con eles e lles plantexas unha situación, fan o problema seu e inmediatamente búscanlle posibles solucións.
A Asociación Española de Enfermería en Cardioloxía (AEEC) tivo a gran oportunidade de organizar moitos Congresos Nacionais da man de Trama, que sen dúbida, fiel aos intereses da enfermería en cardioloxía, foi a clave para o desenvolvemento e éxito dos mesmos, cun rigor profesional acorde as súas necesidades e ao mesmo tempo cun trato humano exquisito.
Enhoraboa á secretaría técnica pola súa xestión, polo apoio incondicional que nos presta tódolos anos e pola súa paciencia.
“Grazas de todo corazón”
En cumprimento da Directiva 2009/136 / CE, informamos que este sitio web utiliza as súas propias cookies e de terceiros para a presentación de servizos axeitados ás súas preferencias analizando os seus hábitos de navegación. No caso de que deshabilite o uso de cookies neste sitio web, non poderá acceder a todas as seccións do mesmo. Se continúa a usar o sitio sen desactivar o uso de cookies, entendemos que acepta o uso das cookies utilizadas. Para desactivar o uso de cookies nesta páxina e / ou obter información completa sobre o tipo e propósitos das cookies utilizadas, consulte a nosa Política de cookies Política de Cookies